Páginas

Quen somos

A ANPA Laverde Ruiz somos unha asociación de pais e nais de alumnos do colexio público laverde Ruíz de Outeiro de Rei.
Esta ANPA creouse no ano 1997 e dende entón está a traballar colaborando coa dirección do centro, e intentando na medida do posible dar asistencia a nais, pais e tutores, en todo aquelo que respecta a educación dos nosos fillos, colaboramos nas actividades educativas, e promovemos a participación dos pais e nais dos alumnos nas actividades do centro.
Esta ANPA de acordo cos nosos estatutos, está constituida por unha Xunta Directiva que está composta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un tesoureiro e 3 vocais.
É a Xunta directiva coa colaboración de todos aqueles pais e nais que dentro das posibilidades de cada un e de forma totalmente desinteresada, adican parte do seu tempo e esforzo,  a consecución dos obxetivos da asociación.
Na actualidade, organizamos distintas actividades extraescolares, que se veñen realizando no colexio ó longo do curso escolar, realizamos actividades extraordinarias com; o Samhain, o Nadal, O Antroido, os Maios, a Festa de fin de curso,...
Pero é desexo desta ANPA promover novas iniciativas, que se poderán afrontar, na medida en que todos colaboremos e así poderemos asumir novos e máis ambiciosos obxetivos que contribúan a finalidade principal desta ANPA: A mellora da educación dos nosos fillos
Gustaríanos por tanto que na medida das posibilidades de cada un, participárades e colaborárades connosco.