Páginas

lunes, 13 de marzo de 2017

SOGAPS no cole






O martes, 14 de marzo, veñen ao noso cole SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), é unha Organización non Gobernamental, sen ánimo de lucro, formada por persoas voluntarias que dedican parte do seu tempo a axudar o pobo saharauí.
A finalidade de Sogaps é dobre. Por unha parte pretende mellorar as condicións de vida tanto dos refuxiados saharauís, como da poboación residente no Sahara Occidental ocupada por Marrocos; e por outra parte dar resposta ás necesidades de planificación e avance na xestión e execución da axuda humanitaria.
Contaranlles as nenas e nenos de primaria quen son e en que consiste o labor que realizan, para que as nosas fillas e fillos vexan outra realidade diferente á súa, outra cultura e un modo de vida imposto pero que os refuxiados teñen que sufrir.
Esperamos que esta charla lles sirva ás nenas e nenos de Outeiro para aprender algo máis do mundo que os rodea e axudalos a desenvolver un sentido de responsabilidade social, ensinarlles a ser solidarios e poñerse na pel doutras persoas.
Todas e todos debemos estar agradecidos polo que temos, tanto a nivel material como inmaterial.

1 comentario:

  1. Qué buena iniciativa!,
    Me parece muy interesante,importante,necesario....
    Gracias!

    ResponderEliminar