Páginas

jueves, 9 de marzo de 2017

Día da muller



O 8 de marzo celébrase o día da Muller. Pese a que na súa orixe se trataba de reclamar a igualdade para a muller traballadora, no contexto da revolución industrial, actualmente  neste día reivindícase o papel da muller na sociedade. Ademáis da figura da muller, o 8 de marzo  pídese a igualdade de dereitos para todas as persoas, sexan do xénero que sexan. 
Co gallo desta celebración, dende a ANPA queremos achegarvos  o título dalgúns libros infantís que nos poden axudar a eliminar estereotipos de xénero tan arraigados na nosa sociedade, libros que presentan unha diversidade de formas de ser e de vivir.  Ferramentas que nos poden axudar a facer un mundo mellor.



El Libro Dorado de los Niños
Que significa nesta sociedade a masculinidade ou ser neno? Se es un neno, ou algunha vez fúchelo, El Libro Dorado de los Niños contén palabras e imaxes que che axudarán a lembrar o poderoso que es, pero poderoso dunha forma diferente á que quizais che contaron ata agora... É un libro contracorrente. Un libro estraño. Unha viaxe de regreso ao marabilloso que es. Un libro que che convida a respectarche, a obedecerche e a ser ti mesmo (algo que ninguén adoita dicirnos nunca). Quizais che axude a lembrar o marabillosamente vulnerable que es e a sanar vellas feridas.
Autora: Cristina RomeroIlustración: Francis Marín

No hay comentarios:

Publicar un comentario