Páginas

miércoles, 8 de marzo de 2017

Día da Muller


Hoxe 8 de marzo celébrase o día da Muller. Pese a que na súa orixe se trataba de reclamar a igualdade para a muller traballadora, no contexto da revolución industrial, actualmente  neste día reivindícase o papel da muller na sociedade. Ademáis da figura da muller, o 8 de marzo  pídese a igualdade de dereitos para todas as persoas, sexan do xénero que sexan. 
Co gallo desta celebración, dende a ANPA queremos achegarvos  o título dalgúns libros infantís que nos poden axudar a eliminar estereotipos de xénero tan arraigados na nosa sociedade, libros que presentan unha diversidade de formas de ser e de vivir.  Ferramentas que nos poden axudar a facer un mundo mellor.









El Libro Rojo de las Niñas
Naceu para acompañar e empoderar ás nenas no seu camiño cara á madurez, pero tamén é un libro para as nais, e para todas as mulleres, porque nos axuda a sanar feridas de nosa propia nenez. Aínda que non é un libro sobre a menstruación, si está moi presente desde unha visión reconciliadora. Un libro ilustrado cuxas palabras e imaxes parecen rumorearlle á nosa psique (emocións-mente-espírito) que é bo obedecernos, escoitarnos e amarnos. El Libro Rojo de las Niñas diríxese directamente á nena que o le e móstralle a diversas nenas dunha Tribo imaxinaria. Unha Tribo do futuro.
Autora: Cristina Romero
*Nº Páxinas: 48
Ilustración: *Francis Marín

No hay comentarios:

Publicar un comentario