Páginas

martes, 7 de marzo de 2017

Día da Muller

O 8 de marzo celébrase o día da Muller. Pese a que na súa orixe se trataba de reclamar a igualdade para a muller traballadora, no contexto da revolución industrial, actualmente  neste día reivindícase o papel da muller na sociedade. Ademáis da figura da muller, o 8 de marzo  pídese a igualdade de dereitos para todas as persoas, sexan do xénero que sexan. 
Co gallo desta celebración, dende a ANPA queremos achegarvos  o título dalgúns libros infantís que nos poden axudar a eliminar estereotipos de xénero tan arraigados na nosa sociedade, libros que presentan unha diversidade de formas de ser e de vivir.  Ferramentas que nos poden axudar a facer un mundo mellor.

 Yo, Jane, de Patrick McDonnell
 

9786077354031.jpg

Conta a historia de Jane, unha nena inglesa nacida nunha familia de pocos recursos, que soña con ir a África para coñecer aos animais que viu nos libros. Mediante a súa  imaxinación  trasládase hacia ese continente na compaña dun simpático mono sen imaxinar que, co paso do tiempo,o seu soño se fará realidade. Esta nena é nada menos que Jane Goodall, unha das mulleres de ciencia máis coñecidas y queridas da actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario