Páginas

lunes, 6 de marzo de 2017

Día da Muller.

O 8 de marzo celébrase o día da Muller. Pese a que na súa orixe se trataba de reclamar a igualdade para a muller traballadora, no contexto da revolución industrial, actualmente  neste día reivindícase o papel da muller na sociedade. Ademáis da figura da muller, o 8 de marzo  pídese a igualdade de dereitos para todas as persoas, sexan do xénero que sexan. 
Co gallo desta celebración, dende a ANPA queremos achegarvos  o título dalgúns libros infantís que nos poden axudar a eliminar estereotipos de xénero tan arraigados na nosa sociedade, libros que presentan unha diversidade de formas de ser e de vivir.  Ferramentas que nos poden axudar a facer un mundo mellor.

  1.    Frida Kahlo para chicas y chicos, de Nadia Fink (autora) y Pitu Saá (ilustrador)
tapa-frida-1038x1038.jpg
O primeiro libro da colección antiprincesas da editorial arxentina Chirimbote conta a vida da artista plástica mexicana no marco dunha revolución que impactou en todos os ámbitos da vida social, a través dun relato ameno e colorido, dirixido  a unha xeración de nenxs sensibles e comprometidxs coa verdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario