Páginas

viernes, 24 de febrero de 2017

RESULTADO DA VOTACIÓN DO CAMBIO DE XORNADA

O resultado da votación de hoxe é o seguinte:
97 votos a favor
37 votos en contra
2 votos nulos
A pesar de gañar o si, non se alcanza o 58% do censo necesario para o cambio de xornada. Polo que para o ano seguiremos co mesmo horario.

jueves, 23 de febrero de 2017

VOTACIÓN PARA O CAMBIO DE XORNADA




O venres 24 de Febreiro a dirección do centro volve a convocarnos, un ano máis, ás nais  e pais a unha votación sobre o cambio da xornada escolar dos nosos fillos para o vindeiro curso.
O que varía no cambio proposto é a disposición das horas lectivas, a hora que teñen de clase pola tarde pasaríana a ter pola mañá.  A xornada será de 9:30 a 14:30 con un descanso de 5 min ás 11:20 e un recreo de 12:20 a 12:45. Comerán ás 14.30 e de 15:10 a 16:00 terán outro recreo. O horario do transporte non varía, polo que, os nenos que o usen chegarán á casa á mesma hora.
Para que o cambio se leve adiante ten que aprobalo un 58 % do total do censo das nais e pais ou titores legais do alumnado, co cal a abstención é unha negativa ao cambio.
Só poderán votar un dos 2 proxenitores ou titores legais, un voto por familia.
En caso de saír aprobado o cambio de xornada, non se poderá volver a propoñer outro cambio en 3 anos.
Dende a ANPA entendemos que é un tema que cada familia debe valorar e obrar en consecuencia.

martes, 7 de febrero de 2017

Pagamento do comedor escolar de forma telemática

Houbo varios pais/nais que se dirixiron á ANPA para preguntar se había forma de pagar on line o comedor.
As persoas interesadas poden utilizar a oficina virtual tributaria http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/confeccion-impresos para realizar os pagamentos de xeito telemático. Quenes opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 primeiros días de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondentes.
Os centros poderán comprobatr a adecuación ou desfase entre os datos ideais de pagadores e os efectivamente realizados cada mes.