Páginas

domingo, 3 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

En 1992, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou o día 3 de decembro como Día Internacional dos Impedidos. A Asemblea fixo un chamamento ós Estados Membros para que celebraran con especial énfase este Día, con miras a fomentar a integración na sociedade das persoas con discapacidades.

Desde a ANPA Laverde Ruíz consideramos que esta integración debe comezar nos centros educativos, pero tamén somos conscientes de que para lograr este obxectivo fai falla mellorar uns recursos que están sendo sistematicamente reducidos coa desculpa da crise: aumento da ratio alumnado/profesor, redución dos profesores de apoio (PT) e orientadores que comparten dous e tres centros... A isto hai que engadir a falta de formación do profesorado que se atopa totalmente abandonado ante os casos que atopa na clase, e a falta de implicación da Consellería, que non ofrece ningún tipo de formación necesaria para traballar con calquera neno con Necesidades Educativas Especiais (NEE).

Recomendámosvos ver este vídeo, onde Constanza Orbaiz, psicopedagoga con parálise cerebral nos relata o seu punto de vista sobre esta problemática.
Tamén podemos botar man de libros e contos accesibles para os máis pequenos. Desde aquí recomendamos O cazo de Lorenzo, de Isabelle Carrier, que nos fala dun neno, Lorenzo, que ten unha minusvalía representada por un cazo, que vai arrastrando e non lle permite facer algunhas cousas igual que os demais. A historia de Lorenzo explícanos como este neno "especial" vive a súa vida coas súas limitacións, e ensínanosa comprendelas, a aprender a vivir con elas e sacarlles todo o proveito do mundo. Todos temos as nosas capacidades e as nosas limitacións, por iso hai que saber identificalas para aprender a vivir con elas.

lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA DO MESTRE

Aínda que desde hai uns anos a Consellería de Educación decidiu non respectar esta data e colocala segundo conveña, o certo é que hoxe, 27 de novembro, é o día dos Mestres. Desde a Anpa queremos darlles os nosos parabéns a tódolos profesionais que se encargan de preparar os nosos fillos e fillas para o seu futuro.
Moitas grazas e feliz día.

viernes, 24 de noviembre de 2017

EN NEGRO, CONTRA A VIOLENCIA

O 25 de novembro celébrase o día contra a violencia machista, unha problemática que sacode a nosa sociedade con forza e da que son partícipes dunha forma cada vez máis alarmante os nosos mozos e mozas. Por iso é fundamental educar na igualdade desde as idades máis temperás a través da familia, a sociedade e, por suposto, a comunicade educativa. Por este motivo, desde a ANPA queremos compartir convosco algúns enlaces interesantes para celebrar este día e educar o resto do ano na igualdade entre nenos e nenas, mozos e mozas, homes e mulleres.
Así, por exemplo, recomendámosvos ver este vídeo preparado polos alumnos do IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo no cal, partindo dun reggaeton, revindican o papel da muller.

Tamén podemos botar man de gran cantidade de libros que presentan este tema de forma amena e didáctica para os nenos e nenas. Ós xa sinalados nunha entrada anterior sobre o Día da muller, como Rosa caramelo ou Artur e Clementina, engadimos agora Xela volveuse vampira, de Fina Casalderrey, da colección Contos da igualdade.

viernes, 13 de octubre de 2017

Horario das actividades extraescolares

O vindeiro luns 16 darán comezo as actividades extraescolares, o horario será coma sempre, de 2 a 3 da tarde no recreo de despois de xantar











lunes, 9 de octubre de 2017

Novo número de teléfono da ANPA



 Temos un número novo de teléfono, para calquera  consulta,  dúbida ou suxerencia chamade ao


610 883479

miércoles, 26 de abril de 2017

PIRILAMPO





A Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programan para este sábado, 29 de abril, ás 18 horas no auditorio da Casa-Museo un concerto do grupo PIRILAMPO que presentará o seu traballo musical Teatro de guiñol.
O espectáculo baseado en once poemas retranqueiros e festivos de Manuel María, tirados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na gaiola eTerra Chá, serven de base para unhas cancións pensadas para os máis novos e as súas familias. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de guiñol son algúns dos textos das melodías.
Pirilampo é un grupo que fai música infantil en galego,  que naceu en 2010 e xa ten editados tres CD´s (Abracadabras, Lucecús e Teatro do guiñol). Achegámosvos un vídeo que realizaron antes de tirar o seu último traballo https://www.youtube.com/watch?v=dFhd2Etm1mQ
O prezo da entrada para este espectáculo é de 2€. As entradas pódense reservar anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621.



lunes, 20 de marzo de 2017

GRAZAS

Dende a asociación SOGAPS, danlle as grazas a CEIP Laverde Ruíz, pola boa acollida que lles deron o martes, tanto o profesorado coma as nenas e nenos de primaria.
Entregáronlles un sobre, para que as familias que queiran colaborar ca súa causa (sempre voluntariamente), fagan unha aportación económica ou con alimentos básicos preferiblemente aceite de oliva.
Estes días as familias que queiran colaborar poden mandar a súa aportación polos nenos e entregarllelo ós titores.
Todo o que se recaude farémosllelo chegar para que SOGAPS o leve ós campamentos.
Agradecer de antemán a tódas as familias que queiran colaborar.

miércoles, 15 de marzo de 2017

Día da muller

Seguimos con propostas de libros infantís que nos poden axudar a eliminar estereotipos de xénero

Artur e Clementina


40 Pages


Da sonada colección "A favor de las niñas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.



http://www.kalandraka.com/en/colections/collection-name/book-details/ver/artur-e-clementina/
 

Rosa Caramelo
40 Páx. 21,5 x 27 cm.
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras.