Páginas

jueves, 27 de octubre de 2016

O COLE EN FOLGA


Dende a ANPA queremos agradecer e dar a nosa noraboa a todos os pais e nais que secundaron a folga de onte. Igualmente a todos aqueles que, anque estando de acordo, non tiveron outra opción que mandar os nenos ao cole, sabemos da problemática da conciliación laboral e familiar.
O 63 % do alumnado non asistiu onte a clase, nunca unha folga fora tan masiva no noso cole. De 241 alumn@s só asistiron 91, de infantil asistiron 34 de 86, e de primaria 57 de 155.

Anque parece un pequeño xesto non o é, xa apareceron hoxe na prensa noticias de que o goberno en funcións anunciou que as reválidas non terán efectos académicos ata que se chegue a un pacto de Estado pola Educación. 

Agradecer de novo a vosa colaboración, entre tod@s faremos o futuro d@s nos@s fill@s un pouco mellor!

lunes, 24 de octubre de 2016

FOLGA EDUCATIVA DO 26 DE OUTUBRO


CONFAPA(Confederación galega de Anpas de centros públicos) e a Plataformaen Defensa do Ensino Público convocan unha folga de pais/nais e estudantes o día 26 de outubro, para esixir a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE, lei rexeitada por toda a comunidade educativa dende o seu inicio. Ese día haberá tamén concentracións por todo o Estado.  En Lugo convocada por FAPACEL  terá lugar ás 19:00 da tarde diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo Feminino).




Tendo en conta que as reválidas son exames externos, preparados, correxidos e puntuados por persoal alleo ós nosos fillos, que os valora sen coñecelos, e, sobre todo, que tanto a reválida de 4º da ESO como a de 2ºde Bacharelato van decidir o futuro dos nosos estudantes, pois no caso da primeira suspendela implica non acadar o título da ESO (o título máis baixo que hoxe se pode ter) e non poder acceder ó Bacharelato ou a un Ciclo Formativo, e na segunda a imposibilidade de acceder á carreira desexada, dende a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, apoiamos esta folga e animamos ás familias a secundala, non enviando os nenos ó colexio ese día, así como a asistir á concentración en Lugo contra esta Lei inxusta. ¡Polo Futuro dos nosos fillos e fillas!

Tamén están, a partir de hoxe, á vosa disposición no taboleiro da entrada do colexio os papeis de recollida de sinaturas para a eliminación das reválidas. Se non podedes achegarvos para asinar podedes facelo telemáticamente neste enlace

Ante posibles malentendidos derivados da redacción desta  entrada, a ANPA quere aclarar que a folga de ensino foi convocada por CONFAPA. Pola súa parte a Plataforma en Defensa do Ensino Público ( da que forma parte FAPACEL)convoca unha concentración de rechazo á LOMCE o mesmo día diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ás 19:00 horas

 


lunes, 3 de octubre de 2016

actividades extraescolares 2016/2017


HOXE ARRINCAMOS COAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, estes son os horarios.
E para que se poidan localizar máis fácilmente, quédavos nun enlace no lateral dereito do blog.

Zoelas no cole 2


 Como contamos na anterior entrada, o venres tivemos a actuación das Zoelas no cole. E como podedes ver nesta foto os nenos pequenos mostraron curiosidade dende un principio  por ver quen saía.


 E saíron as Zoelas co seu novo disco... e seguían atentos




 e tocaron as palmas e seguiron o ritmo...





 e seguiron cantando e tocando... e ensináronlles aos nenos e nenas os seus instrumentos e os ritmos que fusionaron para facer o seu disco...


 e cando lles preguntamos aos máis maiores se lles gustara esta foi a súa resposta...




 En definitiva, quedaron contentos do concerto, e nós quedamos aínda máis contentos de que lles gustase.
Esperemos que as actividades que propoñamos lles sigan gustando.