Páginas

martes, 29 de noviembre de 2016

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL





FAPACEL  organiza o V concurso  de postais de Nadal.
Poden participar todas as nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria das ANPAS de Lugo asociadas a FAPACEL.
Se vos apetece tedes aquí as bases para participar:

lunes, 28 de noviembre de 2016

Actividades Lecer en Inglés e +que contos

Os monitores das actividades "Lecer en Inglés" e "+ que contos" comunicaronnos que o martes, mércores, xoves e venres desta semana non poderán impartir as actividades.
Sentimos as molestias que poida ocasionar.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

FOLGA ESTUDIANTIL O 24 DE NOVEMBRO




A CONFAPA(Confederación galega de Anpas de centros públicos)   convoca unha folga de pais/nais e estudantes para mañá día 24 de novembro, para esixir a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE, lei rexeitada por toda a comunidade educativa dende o seu inicio. Convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público haberá manifestacións ás 12 da mañá e,  concentracións pola tarde en todas as cidades, en Lugo terá lugar ás 19:00 da tarde diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo Feminino).


Tiñamos entendido que a folga de mañan, 24 de novembro, estaba convocada só para educación secundaria.

Dende a ANPA, sentimos non informarvos co tempo necesario, como ocurriu na anterior folga, para que poiderades tomar unha decisión e que a folga tivera o éxito da anterior no Centro Laverde Ruíz.
Pedimos desculpas é invitamosvos a secundala na medida que vos sexa posible.
Atentamente:
Directiva ANPA Laverde Ruíz.
 
 

jueves, 27 de octubre de 2016

O COLE EN FOLGA


Dende a ANPA queremos agradecer e dar a nosa noraboa a todos os pais e nais que secundaron a folga de onte. Igualmente a todos aqueles que, anque estando de acordo, non tiveron outra opción que mandar os nenos ao cole, sabemos da problemática da conciliación laboral e familiar.
O 63 % do alumnado non asistiu onte a clase, nunca unha folga fora tan masiva no noso cole. De 241 alumn@s só asistiron 91, de infantil asistiron 34 de 86, e de primaria 57 de 155.

Anque parece un pequeño xesto non o é, xa apareceron hoxe na prensa noticias de que o goberno en funcións anunciou que as reválidas non terán efectos académicos ata que se chegue a un pacto de Estado pola Educación. 

Agradecer de novo a vosa colaboración, entre tod@s faremos o futuro d@s nos@s fill@s un pouco mellor!

lunes, 24 de octubre de 2016

FOLGA EDUCATIVA DO 26 DE OUTUBRO


CONFAPA(Confederación galega de Anpas de centros públicos) e a Plataformaen Defensa do Ensino Público convocan unha folga de pais/nais e estudantes o día 26 de outubro, para esixir a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE, lei rexeitada por toda a comunidade educativa dende o seu inicio. Ese día haberá tamén concentracións por todo o Estado.  En Lugo convocada por FAPACEL  terá lugar ás 19:00 da tarde diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo Feminino).




Tendo en conta que as reválidas son exames externos, preparados, correxidos e puntuados por persoal alleo ós nosos fillos, que os valora sen coñecelos, e, sobre todo, que tanto a reválida de 4º da ESO como a de 2ºde Bacharelato van decidir o futuro dos nosos estudantes, pois no caso da primeira suspendela implica non acadar o título da ESO (o título máis baixo que hoxe se pode ter) e non poder acceder ó Bacharelato ou a un Ciclo Formativo, e na segunda a imposibilidade de acceder á carreira desexada, dende a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, apoiamos esta folga e animamos ás familias a secundala, non enviando os nenos ó colexio ese día, así como a asistir á concentración en Lugo contra esta Lei inxusta. ¡Polo Futuro dos nosos fillos e fillas!

Tamén están, a partir de hoxe, á vosa disposición no taboleiro da entrada do colexio os papeis de recollida de sinaturas para a eliminación das reválidas. Se non podedes achegarvos para asinar podedes facelo telemáticamente neste enlace

Ante posibles malentendidos derivados da redacción desta  entrada, a ANPA quere aclarar que a folga de ensino foi convocada por CONFAPA. Pola súa parte a Plataforma en Defensa do Ensino Público ( da que forma parte FAPACEL)convoca unha concentración de rechazo á LOMCE o mesmo día diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes ás 19:00 horas

 


lunes, 3 de octubre de 2016

actividades extraescolares 2016/2017


HOXE ARRINCAMOS COAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, estes son os horarios.
E para que se poidan localizar máis fácilmente, quédavos nun enlace no lateral dereito do blog.

Zoelas no cole 2


 Como contamos na anterior entrada, o venres tivemos a actuación das Zoelas no cole. E como podedes ver nesta foto os nenos pequenos mostraron curiosidade dende un principio  por ver quen saía.


 E saíron as Zoelas co seu novo disco... e seguían atentos




 e tocaron as palmas e seguiron o ritmo...





 e seguiron cantando e tocando... e ensináronlles aos nenos e nenas os seus instrumentos e os ritmos que fusionaron para facer o seu disco...


 e cando lles preguntamos aos máis maiores se lles gustara esta foi a súa resposta...




 En definitiva, quedaron contentos do concerto, e nós quedamos aínda máis contentos de que lles gustase.
Esperemos que as actividades que propoñamos lles sigan gustando.


jueves, 29 de septiembre de 2016

Zoelas no Cole

Como xa anunciamos na anterior entrada, dende a nova directiva, queremos retomar o blog para mantervos informados. E qué mellor nova para iniciar esta andaina, que informarvos da primeira actividade lúdico-cultural deste curso. Nada menos que a actuación musical do grupo Zoelas, actividade que entra dentro da programación do Verán Cultural 2016 da Deputación Provincial de Lugo.




A actuación será este venres día 30 de setembro, en horario escolar e está dirixida ao alumnado do centro. Será o profesorado quen se encargue dos nosos nenos durante o evento que terá lugar no salón de actos.
A primeira parte do concerto está dirixida ao alumnado de infantil e primeiro de primaria, sendo a segunda parte para o resto.
Agardamos que lles guste



jueves, 15 de septiembre de 2016

Estamos a traballar para actualizar o noso Blog

Pronto volveremos a ter o blog actualizado, estamos traballando para que asi sea.
Próximamente estaredes informados tamen por este medio.

Atentamente
Directiva ANPA Laverde Ruiz.